Lamentamos a indefinición de Anova a respecto da participación en exclusiva en candidaturas de unidade cidadá para as próximas municipais

You may also like...

1 Response

  1. HenriqueFernández Sánchez di:

    Eu funme do BNG despois de Amio porque non suportaba a manipulación, o dogmatismo apreixoante e sectario; e mesmo o xeito stalinista de auto-control- coa UPG de dianteiro centro- pondo os intereses partidarios, corporativistas e xerárquicos por riba dos intereses da cidadanía galega. O mesmo podería dicer do PCE ou da FPG.
    O do “Proxecto Común ” daquela, é, entendo eu, una faladuría que se asemella máis a una ” Empresa de Colocación Solapada ” que a unha ” Organización Política Galega ” heterodoxa, nada para reconducir un Proceso Nacional Galego que o BNG foi incapaz de facer perante trinta e tantos anos, e que fracasou por querer una ” Galiza Ceibe ” á carta. Cousa imposíbel e demagóxica por outra parte, que considero dá muito xogo si.., e asemade fai de comparsa aos Partidos convencionais. Pois ( ao igual que IU a nível de Estado ) columpian-se nun espazo mui cómodo facendo oposición da oposición cantando nanas mentre penduran pasquíns no tendal..( xa me entendedes, de floreiros e postureo ). Galiza precisa de una Organización Política que aspire a gobernar o País con responsabilidade e cos erros que da condición humana poidan acaecer. Para isto téñense que crear mecanismo de tal xeito que cando suceda algo fóra do que se considera ético e diño, se resolva ” ipso facto ” sen dilacións nen comedias.
    De momento pensó que os máis coherentes foron CXG. Pois Anova ( co tirón de Beiras momentáneo ) o que fixo foi darlles azos a IU en Galiza -que nin siquera se semella a Iniciativa els Verds de Catalunya e que eran testimuñais en Galiza, e a FPG que inda eran máis que os primeiros.
    Porén, entendería mellor una entente Anova- Podemos que é una forza emerxente con novas propostas políticas, que una alianza co PCE, FPG,ou BNG que non deixan de ser ” Casta ” de 2ª división con probada vagaxe de trepas camuflados que casos hai…
    Espero entón, haber que sae de CERNA. A miña proposta sería, como nazonalistas, coaligarnos con CXG; ou onda non, explorar con Podemos mui pontualmente. Pro dende logo, sempre como Partido con cara e ollos fóra de Anova. Pois Anova hoxe está diluida en AGE que ao meu curto entender non representa o Proxecto Común Galego que a todos nos ilusionou. Anova hoxe é anova, e non ANOVA IRMANDADE NAZONALISTA GALEGA.
    Por último pensó que a sociedade galega é mormente de Esquerda Social non dogmática ( enténdase pragmática ); e por outra banda, tamén existe un sector importante conservador que é de direitas por mimetismo , ou cecais por medo, complexo ou impotencia . Independientemente do que particularmente pensemos, isa é a realidade na que nos temos que mover e que temos de trocar. O demais é política de salón e de barra de Taberna ou Bar.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *