CERNA felicita o pobo catalán tras o 9N
Dende CERNA queremos felicitar o pobo catalán pola súa determinación en conquerir unha capacidade de decisión acorde coa súa vontade nacional. O día 9 de novembro ficará nos anais como unha data moi sinalada.
Queremos tamén salientar a capacidade das forzas políticas catalás de concertar e acordar unha unidade de acción estratéxica como é o dereito a decidir dende unha pluralidade enorme, por certo meirande da existe en Galiza.
A partir de onte parodiando a famosa frase haberá que dicir: “Como en Catalunya, érguete e anda”
Parabéns de novo á cidadanía catalá.
Galiza a 10 de novembro de 2014
Concordo coa Deputada Chelo Martinez no senso de que Anova esta sendo fogocitada por E.U. e non se pode engañar ao povo , como se fixo na Candidatura as Europeas que se foi na lista de E.U. pero o afan eleitoralista o camuflou dicindo que era unha lista propia de AGE. por iso perderon cen mil votos Tamen penso que AGE esta en descomposicion, polo que Galiza necesita dunha plataforma de unidade das forzas politicas galegas.
Neste senso, todo o meu apoio a Chelo Martinez.
Jose Luis Vidal Laiño )Pontevedra)