Consuelo Martínez pide no Parlamento galego un compromiso de toda a oposición para derrotar o PP
“Concordamos moitas veces nos nosos discursos. Sabemos do estado de descomposición desta Cámara de representantes na que a oposición loitamos contra a brigada de demolicións que nos goberna.
Esgrimimos argumentos, razóns e solucións; representamos á cidadanía que está a sufrir, pero non abonda con xogar ao ping-pong dende os nosos escanos…
Señoras e señores da oposición: provoquemos e compartamos coa cidadanía que se mobiliza o cambio no goberno da Xunta e a ruptura do réxime borbónico. Comprometámonos nunha campaña para desaloxar a corrupción de San Caetano.
Temos que facer algo máis que describir a realidade: é preciso unir forzas e pasar das palabras aos feitos. Galiza precisa nos procesos que veñen estar con forza e con voz propia. Comprometámonos na defensa dos dereitos democráticos da cidadanía galega e de Galiza como nación. Só se somos capaces de chegar a un gran acordo para botar a este goberno ilexítimo de Feijóo serviremos realmente aos galegos e ás galegas que nos elixiron.”
“O PP non está autorizado a dar leccións cando non explicaron a súa financiación irregular e, para falar de transparencia, deben comezar por expulsar aos corruptos do seu partido, a todos os que sabían das caixas B, comezando por Rajoy.”
Galiza, 27 de xaneiro de 2015
Consuelo Martinez
Deputada do Parlamento Galego
* Axuntamos enlaces de video das intervencións
https://www.youtube.com/watch?v=j_iJsmfaTIE
https://www.youtube.com/watch?v=dEfaH7Uehq8
…………………………………………………………………….
Comunicación de Consuelo Martínez
Comentarios recentes