Cerna apoia as Marchas da Dignidade
A organización nacionalista CERNA apoia as mobilizacións das Marchas da Dignidade que este sábado se concentrarán na Praza do Obradoiro para amosar “o seu rexeitamento ás políticas gubernamentais que serven aos intereses das elites económicas”.
Chama CERNA a todas as persoas a participar na protesta que terá lugar ao medio día baixo o lema “Pan, traballo teito e dignidade”.
CERNA apoia esta plataforma que en Galicia aglutina a máis de setenta organizacións e colectivos veciñais, sindicatos, organizacións políticas, colectivos sociais e grupos municipalistas.
Participemos todas e todos.
Comentarios recentes