Chelo Martínez: “Unidade efectiva para botar ao PP”
“Hai que botar ao PP”, dixo Consuelo Martínez nun acto de Cerna en Ferrol
A Deputada Consuelo Martínez, en Ferrol, nun acto público da campaña de rendición de contas do traballo parlamentar enmarcado na campaña de CERNA “Hai que botar ao PP” insistiu na necesidade de lograr unha ampla confluencia para derrotar ao PP nas vindeiras autonómicas.
“Isto é posíbel si deixamos dun lado as diferenzas e cada quen dende o seu lugar aposta por unha unidade efectiva para apartar o PP do Goberno, agora en Madrid e dentro de pouco en Santiago”, comentou a Deputada.
Nun percorrido polas súas iniciativas parlamentares e circunstancias e actuacións que evidenciaron as políticas agresivas contra a maioría perpetradas polo PP contra a comarca de Ferrol citou especialmente: contra Navantia Fene, de non ser asumida pola Xunta como sector público, ou a negativa á igualuación dos salarios das mulleres e dos homes, así como a negativa ao traslado de Reganosa fóra da Ría de Ferrol.
Tamén presente a nova deputada Mónica Fernández, fenesa, ofreceu o seu traballo para garantir a presenza da comarca de Ferrolterra e os seus problemas na cámara gelega, ao tempo que augurou que a comarca de Ferrol será a punta de lanza para a derrota de Feijóo.
Comentarios recentes