Compromiso maioritario das forzas galegas coa Carta Europea das Linguas e a derrogación do decreto contra o galego
Cerna, como forza política asinante da Declaración de Unidade a prol da normalización da nosa lingua, sumouse hoxe a unha rolda de prensa conxunta no Parlamento de Galicia para amosar o apoio á Carta Europea das Linguas e o para reclamar do goberno galego que faga efectivas as recomendacións do Consello de Europa, elaborando un novo decreto para o uso do galego que conte con amplo respaldo social e político e que, mentres, derrogue aqueles artigos do decreto 79/2010 que limitan o uso do galego.
No acto, organizado pola Mesa pola Normalización Lingüística, presentouse unha moción que se levará e defenderá nos concellos (pódese descargar aquí).
Para Consuelo Martínez, que representou a Cerna no acto, é evidente o desinterese do PP – autoexcluído nesta rolda de prensa – polo idioma, por exemplo, cando no Proxecto de Lei do Patrimonio Cultural “non hai un só artigo sobre o galego, o noso principal patrimonio”.
Comentarios recentes