Consuelo Martínez pide a retirada da Lei de Economía Social do PP
Unha Lei cara á galeria, crea un Consello sen dotación económica: toda unha declaración de intencións.
O Proxecto de Lei da Economía Social non responde ás expectativas que o seu título promete, limitando o seu contido á creación dun Consello e a marcar uns obxectivos xerais, limitándose a “regular as entidades que integran a economía social en Galiza” e non terá dotación económica para o seu desenvolvemento, o que representa unha irrefutable declaración de intencións de que non serva para nada.
Un Consello da Economía Social de Galicia cuxa creación parece ser o obxecto deste Proxecto de Lei, pero ao que só se lle outorga funcións facultativas e non vinculantes, e que ademáis exclue como entidades da economía social de Galiza ás organizacións sindicais, polo que o catálogo de entidades da Economía Social de Galiza non contará coa representación da clase traballadora. Resulta incomprensible que o Goberno galego pretenda organizar, promover fórmulas Economía Social sen contar cos algúns dos seus principais actores, os traballadores e as traballadoras. É especialmente rechamante a non inclusión no Consello da representación das organizacións feministas e da Dirección Xeral de Igualdade.
Tamén resulta inexplicábel a ausencia das ONGs, entidades que contan cunha grande experiencia no ámbito da economía social e que hoxe en día están a suplir as actuacións que deberían facer os gobernos de todo o mundo en materia de economía social.
Polo exposto mediante a presente emenda de totalidade ao Proxecto de Lei de Economía social de Galicia solicita a súa devolución ao Goberno.
* Consultar aquí a emenda á totalidade
* Vídeo con parte da intervención de Consuelo Martínez no Parlamento.
Comentarios recentes