Compromiso da oposición parlamentaria e sectores do ensino pola derrogación da LOMCE en Galiza
Distintos sectores da comunidade educativa e grupos parlamentares da oposición asinan un compromiso para paralizar, derrogar e reverter a LOMCE e os recortes no noso País.
“Diante da próxima convocatoria de eleccións ao Parlamento de Galicia, organizacións representativas dos distintos sectores da comunidade educativa galega, CONFAPA-GALICIA, FE-CCOO de Galicia, FETE-UGT, ESCOLA VIVA, SINDICATO DE ESTUDANTES, IESGA, STEG e NOVA ESCOLA GALEGA queremos impulsar unha declaración, un compromiso formal dos grupos políticos, dentro do que é o ámbito competencial de Galicia. A pretensión é paralizar o desplegue da LOMCE, derrogar as medidas impostas polo actual Goberno do Partido Popular en Galicia, derivadas da LOMCE, así como reverter esas medidas e as políticas de recortes que están provocando un afondamento na desigualdade e na exclusión no noso sistema educativo, si é que, derivado do resultado das eleccións autonómicas, se conseguira conformar unha nova maioría parlamentaria.
Este compromiso é un imperativo ético e político en Galicia como comunidade con amplias competencias en materia educativa e cunha cultura e lingua propia.”
Mónica Fernández, de CERNA, asina en nome do Grupo Mixto.
* Texto do acordo asinado polo Grupo Mixto, AGE, BNG e PSdG: acordo pola derrogación da LOMCE
Comentarios recentes