Cerna no 10 de marzo, día da Clase Traballadora Galega
Mañá, 10 de marzo, Día da Clase Obreira Galega, CERNA apoia e pide a participación nas mobilizacións convocadas pola central nacionalista CIG en toda Galiza en conmemoración e lembranza dos traballadores vítimas da represión franquista.
CERNA apoia igualmente a mobilización convocada tamén para mañá día 10 en Santiago ás 11 horas por todos os sindicatos sanitarios a prol dun emprego digno na Sanidade Pública e contra os recortes neste servizo público básico para o benestar da cidadanía.
Ademais, CERNA de Ferrolterra organiza ás 11:30 unha ofrenda floral fronte ao monumento adicado a Amador e Daniel, ao tempo que chama a participar tamén na ofrenda floral que realizará a CIG diante do mesmo monumento ás 12 h.
Anunciamos a participación das deputadas Consuelo Martínez na manifestación da CIG en Vigo ás 20 h. e de Mónica Fernández na manifestación da mesma central sindical en Ferrol ás 20 h.
Comentarios recentes