Cerna pide solucións ante demolicións de vivendas
Unhas 2.000 persoas propietarias con orde de derribo en curso en Galicia que loitan nos tribunais para tratar de suspender a demolición das súas vivendas teñen solicitado da Consellería de Medio Ambiente unha moratoria para os inmobles con expediente de reposición aberto ata que os concellos aproben os seus respectivos plans de ordenación municipal.
A Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) considera que esta medida é ilegal, aceptando unicamente paralizar os derrubamentos das vivendas que teña posibilidades de legalización a curto prazo, é dicir, aquelas afectadas por un plan urbanístico que se aprobe no primeiro semestre do ano.
A APLU, entidade creada en 2008 para protexer a legalidade urbanística, é responsábel desta situación dado que tan só 84 concellos (o 27% do total en Galicia) teñen o seu plan adaptado á normativa de 2002. 173 concellos (o 55% do total) inda non adaptaron o seu regulamento á Lei de 2002 e os 56 concellos restantes carecen de planeamento e réxense por normas obsoletas.
Máis de 2.000 persoas propietarias de vivendas construídas hai anos en solo rústico teñen un expediente de reposición aberto e esperan que os seus concellos aproben en breve o seu plan xeral antes de que a APLU derrube os seus fogares.
Una vez ditada a orden de derribo a única solución é a vía xudicial, pero quen pode asumir os custes desta vía que pode mesmo demorar dez anos?
Debemos ter en conta que a nova Lei do Solo recoñecerá os inmobles aos que a Administración non teña aberto expediente de reposición en seis anos, quedando fora de ordenación pero permitindo que pasen a estar dentro de ordenación.
Por todas estas razóns as Deputadas de CERNA propoñen a aprobación do seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta a:
1. Reunirse coa máxima urxencia coa FGAM para estudar unha solución a este problema que garanta a paralización do derrubamento de calquera vivenda que sexa legalizable coa aprobación do PXOM.
2. Por a disposición dos concellos afectados todos os medios técnicos e humanos necesarios para colaborar na redacción e tramitación dos seus PXOMs, garantindo a paralización de calquera vivenda considerada “en trámite de legalización”.
Comentarios recentes