CERNA pide un 1º de maio para mobilizar
Non podemos ritualizar unha data que debe ser para mobilizar a todo o pobo traballador, a ese 99% que sofre a tiranía dunha minoría que cada vez é máis abafante, que afecta a todo o mundo.
Nestes anos houbo un grave deterioro en todos os ámbitos da nosa vida laboral e social, cunhas consecuencias terroríficas para o benestar da maioría social e os logros democráticos de décadas de traballo político.
En Galiza estamos a sofrer unha perda de tecido industrial inusitado, como nunca se vira, a destrución dos nosos sectores primarios, unha emigración de xente moza… un ataque en toda a regra á clase traballadora, ao pobo galego, a través das políticas neoliberais da Troika aplicadas polo goberno do PP.
Digamos basta e mobilicémonos, participemos nas manifestacións deste 1 de maio, SAIAMOS Á RUA!
* Mónica Fernández participará na manifestación da CIG de Ferrol, que ás 12h sae da Avda de Esteiro.
* Chelo Martínez participará na manifestación da CIG de Vigo, que ás 12h sae do Cruce da Dobrada.
Comentarios recentes