A deputada de CERNA Mónica Fernández consegue unanimidade nunha iniciativa para Barallobre
O Parlamento Galego aproba unánime iniciativa de CERNA para a ribeira de Barallobre.
Referíndose ao PP, a deputada Mónica Fernández comentou: ”Agradecín o seu voto, pero faime moita “graza” polo desleixo que fan das súas obrigas coa poboación de Fene nesta área.”
A Deputada de CERNA Mónica Fernández agradece a todos os grupos, incluído o PP, o seu apoio, pero di que “é necesario pasar do dito ao feito e que é a administración da Xunta, fundamentalmente, a responsable do estado de abandono da ribeira de Barallobre”.
A deputada nacionalista lembrou que desa zona recibe queixas polo abandono permanente no que se atopa a pesar de ser unha zona cun alto potencial de desenvolvemento para instalacións vencelladas á explotación marisqueira ou de lecer e cultural para uso dos habitantes da parroquia e mesmo de todo o Concello de Fene.
Trataríase de aproveitar as antigas instalacións de Fondomar S.L. cun proxecto de rehabilitación, abrir os espazos hoxe pechados para o seu aproveitamento económico e de servizo nunha zona dunha alta calidade paisaxística e ambiental. Para iso é precisa a implicación de todas as administracións concernidas, pero especialmente da Xunta de Galiza.
Comentarios recentes