As deputadas de CERNA piden no Parlamento medidas globais para a prevención do suicidio

You may also like...

2 Responses

  1. Boa noite,

    acabo de ler a vosa implicación na petición dun plan de prevención do suicidio. Se ben considero xa inaplazable un plan desas características, gustaríame que tiverades en conta as dificultades que unha persoa cunha enfermidade mental severa ten para se integrar na sociedade e que se aproveitara para poñer o foco no estigma, os baixos índices de colocación no mercado de traballo e, a partires de ahí, de dificultades de integración (mesmo na función pública, onde si se comezan a sacar prazas para discapacitados intelectuais cognitivos pero non afectados por enfermidade mental) . Considero que hai moitas cousas por cambiar tanto na administración pública como no exceso de paternalismo que se dá nas asociacións que traballan co colectivo ao que pertenzo e que ofertan plans de ocupacións que non nos aportan nen empoderamento nen realización persoal. Por outra banda, podería falar das luces e sombras do sistema de saúde pública e da súa atención e asemade dos servizos sociais.

    Coido que xa vai sendo hora de que ademais se valore o noso dereito a decidir sobre a vida, posto que existe un terzo de enfermos psiquiátricos graves de evolución túrpida que non acabamos de encaixar nen en dispositivos de atención específica, nen se nos aporta solucións dende a sociedade á marxe dos mesmos e que malvivimos en situacións persoais críticas (sen traballo nen visos de telo, sen ingresos porque non chegamos ao 65% de discapacidade ou non temos cotizado o suficiente, mesmo moitos sen teito son enfermos mentais… e non nos queda máis que a ‘caridade’ social, familiar ou estatal), obrigados a malvivir como decía con sucesivos intentos de suicidio ás nosas costas e cunha vida que ninguén quere para si.

    Volvendo ao inicio, solicitar plans de prevención do suicidio é digno de congratulación… pero sentar a afectados (e non falo de familias de afectados, senón a nós, aos enfermos) e ir máis aló cun plan estratéxico pola saúde mental no século XXI debería ser materia de tódolos programas políticos que se preocupan polo social para as próximas eleccións.

    Grazas de novo polo apoio que estades dando á saúde mental e anímovos a ser aínda máis ambiciosos.

    Saúde

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *