Cerna saúda positivamente a iniciativa de confluencia e o chamado dos tres alcaldes
A organización nacionalista CERNA saúda positivamente a iniciativa das candidaturas da Comarca de Compostela e C.A. e posterior manifesto dos tres alcaldes de Santiago, Coruña e Ferrol para avanzar na construción dun espazo para unha candidatura de confluencia para as Eleccións Autonómicas.
Entendemos que ese é o camiño para poder participar todos os axentes interesados: unha asemblea participada a título individual que sexa constituínte do suxeito electoral, coa celebración de primarias abertas a todas as perosas candidatas e nas que poidan votar todas as persoas que asuman eses principios programáticos a decidir na propia asemblea.
Comentarios recentes