Cerna sumouse ao acto de homenaxe a Camilo Nogueira
Dende CERNA celebramos esta iniciativa de recoñecemento a Camilo, o venres 11 de novembro, un home que loitou pola xustiza social, os dereitos da clase traballadora e os dereitos nacionais de Galiza, dende os tempos nos que traballaba na factoría de Citroën en Vigo, pasando polo seu traballo no Parlamento Galego e o seu labor no Parlamento Europeo ao que levou por primeira vez a nosa lingua.
“A súa figura é unha aposta sostida ao longo de toda unha vida fecunda para que a sociedade galega sexa capaz a solucionar os seus problemas por ela mesma”.
Comentarios recentes