En Marea defende axudas específicas para as familias “monomarentais”
Paula Vázquez Verao di que implementar “actuacións específicas a prol das familias monomarentais é actuar directamente contra a pobreza infantil e contra a feminización da pobreza” e pídelle ao PP que achegue propostas concretas, e non só declaración de intencións.
Nun debate sobre unha iniciativa xenérica do PP a prol das familias monoparentais, En Marea, a través da súa deputada Paula Vázquez Verao, propuxo “implementar unha liña de axudas de urxencia – compatibles con outras prestacións e axudas – para familias monoparentais con ingresos inferiores ao SMI, con menores de 0 a 16 anos a cargo, de, como mínimo, 100 € por menor ao mes, para cubrir necesidades básicas, cuestión que foi rexeitada polo PP.
A deputada de En Marea denunciou que as familias monoparentais son, en máis dun 80%, en realidade, “monomarentais”, e que sufren con maior incidencia a falta de posibilidades de conciliación e a precariedade e pobreza.
Finalmente, aprobouse unha iniciativa xeral a prol de programas para axudar ás familias monoparentais, co seguinte texto:
Comentarios recentes