Domingos Merino, sempre coa nosa memoria
Cerna quere expresar o seu profundo pesar polo falecemento do compañeiro de angueiras a prol das liberdades cidadás e os dereitos políticos da nación galega, Domingos Merino.
Tanto na loita contra a ditadura franquista, como no activismo político ou cultural de base ou no exercicio da representación popular, como alcalde da cidade da Coruña ou como deputado nacionalista, Domingos Merino representou o mellor da leal entrega á causa da nación cidadá galega.
Estará sempre coa nosa memoria. Que a terra lle sexa leve.
Comentarios recentes