A Deputada de En Marea, Paula Vázquez Verao, defendeu no Parlamento galego a necesidade de tumbar os elementos centrais da contrareforma das pensións de 2013 – o factor de sostibilidade e o factor de actualización – para comezar a recuperar o poder adquisitivo das pensións.
👵👴 Na loita en defensa das pensións públicas dignas xogámonos o modelo de sociedade que queremos: ou un futuro de pobreza para as persoas maiores (xa un presente de pobreza) ou a xustiza social.
👎O PP rexeitou a iniciativa de En Marea no Parlamento neste sentido, cando é urxente recuperar o poder adquisitivo das pensións, canto menos, actualizándoas anualmente conforme ao IPC, sobre todo para o noso País:
– En Galiza, o 62% das pensións están por debaixo do limiar da pobreza (67,5% no caso das mulleres).
– Un 29,5% das familias galegas teñen como principal ingreso unha pensión.
– As provincias de Lugo e Ourense teñen as pensións máis baixas de todo o Estado, con 701,10 € e 680,61 € de media en marzo de 2018.
💵 No noso País, as pensións están exercendo como renda contra a pobreza, facendo de colchón fronte as escasas axudas de protección social e fronte á precariedade laboral e caída de poder adquisitivo da clase traballadora galega.
Actuar aumentando o poder adquisitivo das pensións incide directamente na redución das taxas de risco de pobreza e tamén na recuperación da demanda interna da economía galega.
Comentarios recentes