UNHA POLÍTICA IRRESPONSÁBEL DE RECORTES AGRAVA A PANDEMIA
Como xa temos dito hai días: Os recortes matan.
Os recortes na Sanidade, especialmente na Atención Primaria, a temporalidade do persoal do Sergas, a precariedade e sobreesforzo do persoal de atención directa dos centros de política social, a maior porcentaxe de prazas privadas sobre o total en residencias de maiores de todo o Estado (case 70%), todo suma como factor que non permite unha resposta axeitada e rápida a esta crise. E todo isto ten uns responsábeis, os Gobernos de Feixoo e as súas políticas de recortes.
O envellecemento da poboación de Galiza agrava a situación.
Particularmente lesivo para a expansión da COVID19 en residencias de maiores é o modelo de concentración en grandes centros, fronte á necesidade dun modelo descentralizado, con servizos de proximidade e de calidade, que debemos defender con contundencia agora e tamén unha vez remate esta crise. No Servizo de Axuda no Fogar (SAF), a falta de homoxeneidade previa en canto a condicións laborais e protocolos implicou un inicio caótico á hora de establecer servizos mínimos e protocolos, denunciando, ademais, o persoal, carencia de EPIs.ç
Aproveitar as especificidades nosas facendo da necesidade virtude: illemos Galiza.
Con todo, o atraso no desenvolvemento da pandemia no País a respecto doutras zonas do Estado pode ser aproveitado para actuar con contundencia. Peor iso implicaría o abandono da política de igualación de todo o territorio do Estado e aplicar medidas específicas para cada País.
Non se pode dilatar máis o confinamento e illamento das áreas que máis afectadas están, nomeadamente Madrid, que nunha política irresponsábel da Administración do Estado segue a ser o principal foco de irradiación. Solicitamos ao Goberno do Estado que confinen os focos principais, paralicen os movementos e a actividade económica non esencial, evitando así a exposición ao virus da clase traballadora, especialmente da máis precarizada. Queremos chamar a especial atención sobre os centros de chamadas con milleiros de empregadas en Galiza.
De todo o que está acontecendo hai unas claros responsábeis, tomen medidas, asuman a desfeita histórica que provocaron, paren de aproveitar a situación para seguir derivando negocio ás instalacións privadas e emprendan o camiño da republificación do sistema sanitario xa.
*Anexo
Comisión de Coordinación de Cerna
anexo
Comentarios recentes