Fuxe o rei, poñamos fóra a Monarquía
A Monarquía corrupta é un dos piares do réxime que impide ás nacións do Estado a súa autodeterminación

A
fuga do rei “emérito” Juan Carlos I representa á perfección o
desprezo da Coroa española polos pobos e clase traballadora do
Estado. As súas corruptelas, que son as que fan fuxir ao Borbón,
son parte estrutural do sistema de poder político-institucional que,
amparado polo poder xudicial e mediático, xestionou a
Transición.
Nos últimos anos fíxose imposible ocultar o
que a prensa internacional e diversos xornalistas represaliados
contaban sobre a fortuna de Juan Carlos I, e as últimas
investigacións xudiciais afondan no mesmo.
Dende Cerna, sumámonos á cidadanía e forzas políticas democráticas esixindo, canto menos:
–
comisión de investigación no Congreso dos Deputados sobre as
actividades do anterior Xefe de Estado.
– promover unha
consulta – tendo en conta para os tempos a evolución da pandemia –
sobre o modelo de Estado, coa opción de escoller a fórmula de
República.
– recoñecemento do dereito de autodeterminación dos pobos.
– revisión do Código Penal en relación ao delito de inxurias á Coroa.
Comentarios recentes